Blogia
Andresadas

No comment, no visit, NO LIFE...

No comment, no visit, NO LIFE...

Escribo este artigo porque si, porque estou canso, xa non podo máis... Ademáis de pasar unha fase na miña vida bastante confusa e insulsa, miro día tras día este blog e o meu mail para ver se hai algún comentario, algunha mensaxe de que esta páxina está servindo realmente para algo... Se isto aporta algo ás vidas do resto da xente que se digna a visitar a páxina, a maioría delas, case "obrigados" por min, porque son familiares e amigos ós que eu lles digo insistente: Visita a miña páxina... visítaa... Non creo que sexa xusto... Se a xente non lle interesa a páxina, non hai motivos para seguir...

Por outra parte agradezo a colaboración dos visitantes e tamén dos poucos aínda que gratificantes comentarios que recibín... Moitas grazas. E ata sempre.

 

6 comentarios

Andresinho -

Grazas polos vosos comentarios, algúns deronme muita forza para continuar.
Unha aperta

eue -

Andrese, non se me "raje". Eu gozo muito co teu bló. É o que di Lúa Neghra. Gústame porque atopo aquí cousas que, xuntas, non tan en ningún outro sitio.
Eu tamén pensei ao primeiro que estaba máis só ca o copón e resulta que había unha chispa de xente que visitaba a páxina sen comentar.
Unha aperta que o bló e mais ti molades

Miguel -

Manter un blog e actualizalo é libre decisión da súa autoría. Mais, infelizmente, a morte dun blog, coma a de calquera manifestación artística, comeza cando andamos máis pendentes do público e crítica que da nosa creatividade e o noso goce. Quixera que seguira o seu traballo, pois eu visito sen obriga e non sempre comento porque non hai máis que dicir alén de \"Moi bonito\", \"moi interesante\" ou outras frases do estilo. Descanse vostede se o precisa, aclare as súas confusións e ¡siga sendo creativo!. Bicos, apertas e ánimos.

j.r. -

Tio nada é gratis, pensas que te van a regalar todo, e non é así.
Á páxina tes que darlle publicidade, moverte tío. Sinceramente non sei que carallo queres. Primeiramente un blog, é para poñer cousas personais, para pasar o tempo.
Non sei, se a túa intención é acaparar socios e visitas, por que creo que iso é secundario.
EU FIXEN HISTORIA EN BLOGIA, TEÑO O BLOG ABANDOADO E SEGO TENDO MÁIS DE 100 VISITAS Ó DÍA.

A min sinceramente, isto dame igual. A clave tampouco está en escribir sempre. Unha vez á semana, 4 ou 5 ó mes, xa é suficiente.


O lle das publicidade ou claramente morres.

saúdos blogero.



Lua Neghra -

Non te rindas, Andresinho. @s familiares e amigos tamén somos de Dios! Ademais, ti vales moito, e o teu bló é celebrado por moita xente que atopa por fin un sitio onde están arquivadas todas esas cousas que sempre queremos atopar e esas reflexións que nunca escoitamos:sigue adiante. Moito ánimo e mil bicos dende o que tamén é o teu fogar!!!

Lúa Neghra -

Non te rindas, Andresinho. @s familiares e amigos tamén somos de Dios! Ademais, ti vales moito, e o teu bló é celebrado por moita xente que atopa por fin un sitio onde están arquivadas todas esas cousas que sempre queremos atopar e esas reflexións que nunca escoitamos:sigue adiante. Moito ánimo e mil bicos dende o que tamén é o teu fogar!!!